O CLUB NÁUTICO DE PONTECESURES GA?A UN ANO MÁIS O CAMPIONATO DE ESPA?A DE XOVES PROMESAS.
O Club Náutico de Pontecesures ven de gañar o Campionato de España de Xoves Promesas Infantil e Cadete celebrado este sábado día 1 de abril en Sevilla.
Con este resultado, o Náutico de Pontecesures consolídase como a mellor canteira do piragüismo nacional. Esto non é un resultado aislado xa que a entidade, no seu traballo de aposta pola captación e implicación dos máis pequenos para que disfruten deste fermoso deporte, xa gañou o ano pasado esta competición nacional, e leva anos estando no máis alto da clasificación na categoría de xoves promesas.
O Náutico Pontecesures, eríxese como o epicentro da comarca para a práctica do piragüismo, como así o demostra que cada ano son máis os nenos que demandan prazas para a escola de verán e así iniciarse e adestrarse para nun futuro formar parte do equipo de competición e representar ao clube por todo o territorio galego e nacional.
Parabens para todos os deportistas, persoal técnico e de apoio que se desprazou a localidade de Sevilla, para permitir a este gran equipo demostrar o seu pontencial a todo o piragüismo nacional.
0 comentarios