O ADIF pinta o muro a carón do Coche de Pedra.

Publicado por Redacción o

O luns pasado fixéronse estes traballos nunha actuación “express” que esperemos teña continuidade pois quedou pendente o pintado da cara traseira de dito muro. Ao parecer, por fin se vai a acometer o pintado de todo o muro ata o edificio da estación, o pintado deste último edificio e o acondicionamento da zona de xardíns do edificio ferroviario.

Tamén é necesario o arranxo da marquesina (hai pingueiras) a substitución de puntos de luz afundidos na mesma, e a colocación, como en Padrón, de megafonía e de sinalización alfanumérica algo que demandan con insistencia os usuarios do ferrocarril.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.