O «Ghaitellón» encherá Pontecesures do son da gaita.
Día 1 de xullo ? 16 horas ? Peirao de Pontecesures ? A asociación cultural Xarandeira, de Pontecesures, xa está traballando na organización dunha nova edición do Ghaitellón, ese serán co que cada ano a vila que se estende ao carón do Ulla se enche do son das gaitas, de bailes e de animación. O Ghaitellón preséntase como un encontro de músicas tradicionais, ao que cada ano se suma un bo feixe de grupos e músicos individuais. De calquera xeito, para participar nesta festa, que mestura tradición e modernidade, non fai falla ter un talento musical especial: abonda con ser quen de cantar e dar as palmas. E, sobre todo, hai que ter corpo de festa, de celebración, e moitas ganas de pasalo ben.
La Voz de Galicia
0 comentarios