HOXE CLAUSUROUSE O CAMPAMENTO DE VERÁN 2017 DE PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Hoxe xoves procedeuse á clausura do campamento de verán 2017 que co lema “¿ Vitamina, ti onde estás ?” levouse a cabo nos meses de xullo e agosto neste concello.

Esta actividade serviu coma alternativa de ocio e tempo de lecer os nenos/as entre 3 a 12 anos que participaron na mesmo, dentro das 4 quendas das que constaba. Ademais trataron de proporcionar unha serie de coñecementos e valores.

Pois ben, coma decíamos, hoxe ponse punto final a esta escola, cunha xornada festiva para que os nenos/as participantes a recorden por moito tempo.

E coma despedida, que mellor que unha comida no propio Pino Manso.

Moitas grazas a todos os nenos/as participantes.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.