O socialistas de Valga preguntaron no pleno se dimitira a concelleira de cultura.

Publicado por Redacción o

No pleno de onte, ó cal non asistiu a Concelleira de Cultura, Carmen Castiñeiras entre fortes rumores de dimisión, aprobáronse os orzamentos 2018. Nin o Concelleiro de Facenda, Ángel Souto nin Bello Maneiro foron capaces de defender a legalidade dos mismos ante unha contundente alegación de Cosital.
O grupo presentamos 3 rogos, a mellora e reparación do entorno na Mina Mercedes, onde existen numerosos baches e cableados eléctricos caídos.
O segundo foi dinamizar con actividades o núcleo urbano de Valga coa elaboración de actos no Museo e no Centro Cultural. Este núcleo atópase abandonado polo grupo popular.
As preguntas que fixemos estaban relacionados co Ges de Valga, e sobre a Concelleira de Cultura, preguntando se tal como se comenta, presentara a súa dimisión.
O grupo popular non dou resposta a ningunha.

Socialistas de Valga


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.