Nefasta xestión da promoción da lamprea para os socialistas de Pontecesures.
A apatía é a característica que define a política cultural do goberno conservador de Pontecesures. Unha apatía que xurde do descoñecemento e do pouco interese co que desenvolven as actividades culturais do noso pobo.
Respecto a promoción da lamprea, tampouco nos decepcionou o goberno local de Pontecesures: como en outras situacións similares, transmiteu en todo momento sinais de improvisación e incapacidade, creando dúbidas sobre a organización dos eventos entre a veciñanza.
Lembremos: o alcalde ??confirma? as datas 24 e 25 de febreiro e 3 e 4 de marzo para a celebración do Tapealamprea (sin considerar a opinión dos hostaleiros, que obviamente, son os que elaboran as tapas). Finalmente, e grazas a insistencia dos hosteleiros, o Tapealamprea levouse a cabo os días 9, 10 e 11 de marzo.
Un evento, o Tapelamprea, que careceu dunha promoción propia, independente, e que saiu adiante pola implicación dos hosteleiros. Non se entende que o equipo de goberno espere aos días previos a súa celebración para difundir os establecementos participantes e as súas propostas.
Polo que respecta ao día ??grande? de exaltación da Lamprea do ??Ulla? máis do mesmo: desinterese, mala organización, un programa pobre, sin contido, sin actividades paralelas?
A deriva do goberno conservador da nosa vila xa é preocupante. A súa ignorancia, enmascarada de soberbia, está acabando coas señas de identidade da nosa vila, as que nos distinguían e diferenciaban.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios