O BNG de Pontecesures carga contra a concelleira Mónica Espadas.

Publicado por Redacción o

Cando pensabamos que as erráticas respostas ás que nos teñen habituados os membros do equipo de goberno (non sei; non me consta; xa lle contestarei….etc) non podían ir a máis, chega o pleno de hoxe para demostrarnos que aínda podemos ir un paso máis adiante

Dada a inexistencia de ningún tipo de actividade en torno a figura da muller con motivo da celebración do 8 de marzo por parte do concello de Pontecesures, preguntámos á concelleira de muller, Mónica Espadas, a súa opinión sobre esta ausencia. A súa resposta foi poñer os ollos en branco e xesto de fastío; insistimos na pregunta “hai un plan para revindicar a igualdade neste concello? hai un plan para a muller?”.

Ante a nosa insistencia, a súa resposta: “no sé los que queréis, contestaré en él próximo pleno” Pero, como a resposta non debeu ser suficiente, cinco minutos despois levantouse e abandonou o pleno sen dar máis explicacións.

Todo un exemplo, a señora Espadas, da actitude que debe amosar un cargo público.

BNG Pontecesures


1 comentario

Klop · 28-03-2018 ás 21:41

“Desidia” es el resumen de este gobierno.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.