Axudas urxentes de tipo social para evitar cortes de subministro eléctrico a consumidores vulnerables.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Concepto:

Axudas urxentes de tipo social (AUXS) da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o pagamento da factura eléctrica ás persoas que teñan recoñecida a condición de consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica (IN414D)

Requisitos:
  1. Ter a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social consonte ao artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais
  2. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Ser o titular do contrato de subministración eléctrica e que a vivenda sexa a habitual
  4. Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.
  5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
Contía das axudas:

Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas  que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018.

A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 ?/ano, ou de 400 ?/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Solicitudes e Documentación:

As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , ou ben desde a ligazón https://axudascortes-subministracion.xunta.gal.

Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada», e disporán dun prazo máximo de cinco (5) días hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, cancelaranse na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.

A persoa interesada poderá autorizar expresamente os empregados públicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria ou os/as traballadores/as sociais de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela.

Documentación:

  1. a) Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo (copia dunha factura en que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social).
  2. b) Certificado ou informe social emitido polos servizos sociais sobre risco de exclusión social (anexo IV).
  3. c) De ser o caso, título de familia numerosa
  4. d) De ser o caso, autorización para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.
Prazo de Solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 15 de decembro.

 

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse á xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, á Dirección Xeral de Enerxía e Minas ou ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13:30 horas.


1 comentario

? · 5-07-2018 a las 11:09

«No me des peces, enseñame a pescar»

Que a algún dáslle un xurelo hoxe e mañán pídeche rodaballo…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.