A Festa do Churro de Pontecesures, esta tarde no ‘Aquí Galicia Tour’ na TVG.
Despois de máis de 200 sábados percorrendo a xeografía galega, descubrindo os recunchos máis espectaculares e as festas máis concorridas, o programa Aquí Galicia non só non marcha de vacacións este verán, senón que estende o seu tempo ás tardes de luns a venres. Bautizado como Aquí Galicia Tour, será presentado tamén por Lucía Rodríguez. Aquí Galicia Tour estará cada tarde en directo nunha localidade galega protagonista desta época estival.
O destino deste luns será a vila coruñesa de Pontecesures, que celebra a Festa do Churro, enmarcada nas festas patronais do Carme. Establecerase conexión co reporteiro Duarte Galbán, que narrará como se vive o ambiente. Pola súa parte, Tania Veiras traerá reportaxes de como se vivirton as festas durante a fin de semana.
1 comentario
Sexsures · 9-07-2018 a las 13:30
Vaia, Vaia. Despois falan dos catalans, e Pontecesures independizouse da provincia de Pontevedra ????????????