A Festa da Anguía servirá 500 quilos de peixe acompañados de cócteles de augardente.
A vixésimo octava edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País servirá entre os asistentes tapas deste peixe do Ulla en catro preparacións distintas e acompañadas de cócteles elaborados con augardente. A cita festiva é o vindeiro fin de semana e as actividades centraranse fundamentalmente no parque Irmáns Dios Mosquera.
Así pues los tiquets se venderán a dos euros y darán derecho a consumir una tapa y una bebida. El cátering Siro González estará de nuevo al frente de la parte gastronómica de la fiesta. Os asistentes terán además a oportunidade de degustar cócteles como o de ??mojito? de tostada, Valgamepolitan, mazá de herbas e sorpresa de augardente. Esta última combinación foi creada exclusivamente para a festa.
Pola tarde do sábado 25 haberá no recinto da festa a tradicional demostración de destilado a cargo dos cañeiros Fermín Rodríguez, Antonio Santiago e José Manuel Rodríguez. Ás 12 da noite será a queimada popular.
En canto ás tapas servirase empanada de anguía, algas e ourizos de mar, anguía afumada con aguacate e migas, ensalada de anguía con pan de pita e anguía frita con fariña de garavanzos sobre arroz de pementos de fóra de temporada.
Son arredor de 500 quilos deste peixe os que o Concello destina tanto á degustación popular da festa como á ruta dos pinchos ??Tapa á Anguía?. Nesta participan o sábado 25 e o domingo 26 nove bares e restaurantes de Valga que ofrecerán aos seus clientes de xeito gratuíto coas consumicións aperitivos cuxo ingrediente principal será a anguía.
Diario de Arousa
0 comentarios