Comunicado do Goberno Municipal de Pontecesures ante a morte por violencia de xénero no veciño Concello de Valga.
O Goberno Municipal manifesta a súa repulsa máis enérxica ante o evidente caso de violencia de xénero no veciño Concello de Valga, que rematou coa vida da súa veciña María Jesús Aboy.
A violencia de xénero baseada na situación de dominación por parte dos maltratadores supón unha lacra que debe ser erradicada co concurso de toda a sociedade, que deberá traballar cordinadamente para que as novas xeración herden un entorno libre de toda violencia, en especial, do covarde e execrable asasinato de mulleres.
Dende este Goberno Municipal de Pontecesures queremos trasladar o pésame e as condolencias á familia e amizades da familia, e así como a veciñanza do Concello de Valga.
Reiteramos a nosa axuda e solidariedade a todas as vítimas da violencia de xénero e poñemos a súa disposición todos os recursos do noso municipio.
0 comentarios