ESTE XOVES DÍA 11 COÑECEREMOS A TAPA GAÑADORA DA V EDICIÓN DO CONCURSO «TAPEA LAMPREA».
Este xoves día 11, a partir das 11.30 horas da mañá, no salón de plenos do concello farase o reconto entre todas as papeletas concursantes para coñecer o nome da tapa gañadora desta V edición, para distinguir nunha data posterior que anunciaremos ó establecemento que a elaborou co diploma acreditativo.
Tamén este xoves efectuaremos o sorteo dos 3 premios consistentes en 3 cheques-comprapor valor de 50, 30 e 20 € entre todas aquelas persoas que depositaron as suas cartillas nas caixas postas a tal fin nos 9 bares participantes do Tapea Lamprea. Os premiados/as recollerán os seus cheques-compra nese posterior acto de entrega dos premios.
Recalcar que este acto é público, polo que se invita á veciñanza a pasarse polo mesmo.
0 comentarios