PROGRAMA CONVIVE COMigo
O Programa CONVIVE.COMigo parte do ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias e persoas) ao Xulgado de Menores para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de Convivenciacon persoa, familia ou grupo educativo: unha medida que obriga a un/unha adolescente a vivir noutro contexto familiar diferente ao de orixe, tratando de reconducir a situación que o/a levou a un Xulgado, facilitándolle un entorno de socialización positiva co fin último de evitar unha reincidencia futura.
A medida de Convivencia aparece recollida dentro da Lei 5/2000 (reguladora da responsabilidade penal dos e das menores de idade, comunmente chamada LEI DO MENOR), con carácter sancionador pero de natureza educativa, busca imponer medidas xudiciais que se axusten ao delito, razón pola cal esta medida está dirixida principalmente a aqueles/as adolescentes que sexan xulgados por un delito de violencia no ámbito familiar, aínda que se podería impoñer a calquera tipoloxía de delito. O Xulgado ten presente que non todos os perfís de adolescentes son válidos para unha medida de convivencia, así que coas entrevistas que o Equipo Técnico do Xulgado realiza ás/aos mozos/as e as súas familias, e a información que se manexa, se valora se esta puidera ser unha opción.
A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 9 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asínase un contrato e dende a Xunta finánciase esta convivencia. Esta convivencia tería unha FINANCIACIÓN de 40€/diarios para axudar a reducir os costes que supoña para estas persoas ou familias esta experiencia.
Nestes intres precisamos que contacten con nós as persoas ou grupos familiares que lles poida interesar esta aposta temporal por convivir con un/unha adolescente que está nunha situación de conflito. Poden facelo a través do noso teléfono 986212537 ou do correo electrónico convive@arela.org .Logo deste primeiro contacto poderíase iniciar o proceso de coñecer ós/ás candidatos/as a través de entrevistas, visitas domiciliarias, para logo formar parte dun proceso de FORMACIÓN a través de varias sesións formativas tanto de índole grupal como individual. Unha vez validada a persoa ou familia se podería proceder a convivencia efectiva con un/unha adolescente.
Podes atopar a información na nosa web:
0 comentarios