María Ferreirós: «Valga ten un equipo de goberno cansado e sen proxectos; necesita un cambio».
El PSOE de Valga vuelve a apostar por María Ferreirós para loitar pola alcaldía. Avoga por un goberno diferente e, sobre todo, no que predomine a transparencia.
Ten sido este un mandato marcado pola crispación. É difícil facer política en Valga?.
Eu creo que estivo marcado pola crispación porque é a mensaxe que se quiso transmitir dende o goberno, pero penso que foron catro anos nos que aportamos moitísimas propostas e fixemos un labor enorme. Se é difícil facer política aquí?. Pois sobre todo é difícil pola falta de transparencia. É algo que non existe neste Concello.
Maneiro acúsaos de ter xudicializado a política…
En Valga cada vez que levantas un papel hai unha irregularidade. Co tema das comisións denunciamos porque consideramos que é algo que tiñamos que facer.
Como ve a irrupción de Valga-Viva nestes comicios?. Houbo conversas para levar unha sola lista?
O cabeza de lista estivo no PSOE no seu día. Houbo conversas si, pero non puidemos chegar a acordo.
Sería posible ese acordo en caso de que o PP perda a maioría?
Nós presentámonos ás eleccións con vontade de gañar por maioría. Evidentemente se houbese que pactar para evitar a goberno de Bello Maneiro intentaríase chegar a un acordo.
Nestes anos de contacto cos veciños detecta cansancio co goberno de Maneiro?
En Valga funciona co alcalde a política caciquil, que é o mod de manter a xente ao teu lado. Non é un concello do século XXI, ten un equipo de goberno cansado esen proxectos.
Cales son os eixos do proxecto do PSOE para Valga?
O tema do urbanismo é prioritario. Necesitamos un orde e un pobo para as persoas; tamén mellorar a xestión de residuos e apostar por dar servizos, crear emprego e potenciar o sector forestal e o Camiño de Santiago.
Diario de Arousa
0 comentarios