Retiran 10.000 quilos de residuos do fondos mariños do peirao de Pontecesures.
O operativo foi desenvolvido por Portos de Galicia.
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo do día de onte arredor de 10.000 quilos de residuos dos fondos mariños do peirao de Pontecesures. Esta actuación é unha das previstas na nova fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve na provincia de Pontevedra nestas semanas.
La Voz de Galicia
0 comentarios