Carreira para a recadación de fondos en Pontecesures.

Publicado por Redacción o

Mañá domingo, 12 de xaneiro, o Concello de Pontecesures celebra a súa carreira popular que, na súa 20 edición, vén de introducir, como novidade, o compoñente reivindicativo e un marcado fondo social. A proba servirá, nesta ocasión, para recadar fondos que serán destinados aos dous nenos orfos de nai, tía e avoa tras o asasinato machista acontecido o pasado mes de setembro no municipio de Valga.

Segundo a concelleira de Deportes, Laura Villar, os obxectivos son varios: promover o deporte como hábito de vida saudable; fomentar a igualdade e o respecto, exercer de altofalante na loita contra calquera tipo de violencia, especialmente aquela que afecte ás mulleres polo mero feito de selo e, “sobre todo, neste caso, mostrar a nosa solidariedade e apoio aos orfos”.

A inscrición servirá a tal fin, xa que por cada participante inscrito nas probas absolutas, a organización donará un euro.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.