Entran de madrugada no bar «Mambís».
Elvira Suárez ten que amorear a recadación e o cambio do día. Os ladróns entráronlle esta noite no negocio e levaron enteira a caixa rexistradora e os cartos que tiña a máquina comecartos, que previamente rebentaron por completo. Pero este non foi o único dano que lle causaron. Na comecartos non sabe canto había.
«Pouco, porque aínda viñeron o mércores pola recadación», lembra, «e na rexistradora moedas e billetes para o cambio, uns 300 euros, pero o peor é o dano que fixeron na persiana, que teremos que poñer outra», explica.
Os feitos sucederon contra as catro da mañá, e os asaltantes deberon actuar con rapidez porque a alarma do establecemento saltou e a propietaria acudiu de inmediato. Dáse a circunstancia, ademais, de que a dona do inmoble vive no andar superior, e non escoitou ruído ningún.
«Espertou a miña filla de oito anos pero cando fun vela xa non se oía
nada, non me enterei ata que me chamou Elvira», di Neli Doce.
É a
primeira vez que asaltan o Mambís nos 20 anos que leva Elvira
rexentándoo. Pero noutros locais próximos xa levan varios, e hai algo
máis dun ano os ladróns mesmo entraron nesta sucursal bancaria situada
xusto fronte ao bar.
Mentres esperaban pola chegada da Policía Xudicial para recoller posibles pegadas, a clientela e Elvira tomábano con humor.
«Xa nos tocaba», chanceaba, ao tempo que ironizaba con que «non levaron ningunha botella para celebralo».
RTVG
0 comentarios