A Caravana Morada fixo parada en Pontecesures.
Continúa a caravana coa súa andaina polos concellos do Salnés e Ulla-Umia, e onte venres chegou ata o Concello de Pontecesures, onde estivo estacionada na Praza do Coche de Pedra entre as nove da mañá e as dúas da tarde. A Caravana é un punto de información e asesoramento que pretende visibilizar o rexeitamento comunitario do acoso e agresións de xénero. Dispón de profesionais especializados en psicoloxía contra a violencia de xénero, criminoloxía e técnico de igualdade que ofrecerán este servizo itinerante de xeito gratuíto a mulleres. Como non podía ser doutro xeito, a Caravana Morada cumpre con todos os protocolos de seguridade en todo o seu proceso de actuación.
La Voz de Galicia
0 comentarios