Os socialistas cesureños propoñen medidas contra a crise do COVID-19.
Nos concellos da redonda estanse a propoñer e facer iniciativas para a recuperación do tecido económico das empresas do concello, nomeadamente, autónomos e pequeñas empresas.
No pasado pleno, o equipo de goberno recoñeceu que NON ten planificado aplicar ningún tipo de medida nesta liña.
Lembramos que o grupo municipal socialista de Pontecesures rexistrou tempo atrás unha serie de medidas para paliar os efectos da crise provocada polo COVID-19, entre elas:
– Incentivos económicos para os establecementos que tiveron que pechar durante o confinamento, ou ben viron moi reducida a súa facturación.
– Suspensión durante un ano da taxa de terrazas, e paralelamente permitir o aumento dos espazos públicos para a súa colocación sen custe adicional.- Creación dunha páxina web con información dos establecementos, así como promover a venda online.
– Adquisición de e-bonos para as familias máis desfavorecidas sin acceso a internet.
– Campañas de dinamización do comercio e hostelería locais. Pódese contemplar dar a coñecer os seus servzos, ou no caso do comercio, plantexar unha feria de stocks cando se poida levar a cabo.
– Dotación a todos os establecementos de xel hidroalcohólico.
– Actividades de formación dixital para a poboación.
– Incrementar a capacidade da rede wifi.
Consideramos que estas medidas (e outras que se puideran levar a cabo), deberían ser discutidas e consensuadas entre as forzas políticas e outros representantes sociais, na procura dun plan que permita sair a Pontecesures canto antes da grave situación económica provocada pola pandemia.Non nos sorprende a falta de iniciativa por parte do goberno municipal, que prosigue na súa actitude de apatía e falta de empatía cos problemas da veciñanza.
Socialistas de Pontecesures
0 comentarios