Portos mellorará o peirao.

Publicado por Redacción o

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, mellorará e completará ao longo de 2021 o acondicionamento das infraestruturas e a seguridade en dez peiraos do litoral da Área Metropolitana, comprendido entre Caión e Rianxo.

O documento provisional co que o ente público está a traballar recolle unha distribución dos investimentos que dá prioridade á nova construción, ampliación e mellora de pantaláns nos portos de Corme, Fisterra, O Freixo, Muros, Corcubión e Testal, e tamén noutros peiraos da provincia (Pontedeume, Miño, Betanzos ou Pontecesures). Coas actuacións previstas “melloraranse as condicións de seguridade e operatividade para os usuarios destes portos”, sinala Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.