Valga entrega os premios aos catro rapaces gañadores do concurso de Beléns deste ano .
Os concelleiros de Cultura e Turismo de Valga, Pedro Calvo e Malena Isorna, entregaron os premios do XIX Concurso de Beléns ao grupo de amigos que se fixeron co primeiro posto nesta edición. Foron Julián Cerneira, Andrea Torres, Alfonso Álvarez e Álex Cortés os gañadores ao presentar un nacemento duns oito metros cadrados de superficie e 302 figuras (124 persoas, 103 animais, 46 construcións e 29 árbores). As construcións foron feitas artesanalmente polos propios mozos que, ademais, dotaron aos beléns de mecanismos e automatismos. O premio que recibiron foi o dun vale de 100 euros para canxear no comercio local, unha rosca e un diploma acreditativo.
O segundo posto no certame foi para os irmáns Fran e Juan Otero Lobato cunha montaxe de 12 metros cadrados e arredor de 200 figuras. Varias escenas do nacemento estaban dotadas de movemento e luz e as construcións, feitas con corcho, ladrillo, cartón e outros materiais. Recibiron como gratificación un vale de compra de 75 euros, ademais da rosca e do diploma.
Por último o terceiro premio foi para as mozas Clara Troncoso e Saray e Jessica Vilas, cun nacemento dunhas 60 pezas dispostas nunha superficie de 200 metros cadrados, figuras de barro e construcións de corcho. también recibiron unha rosca e un diploma, ademais dun vale de 50 euros. O xurado valorou a orixinalidade, o número de pezas e o tamaño entre outros aspectos.
Diario de Arousa
0 comentarios