Apuntamentos do BNG de Pontecesures sobre as restriccións COVID.

Publicado por Redacción o

Agora que parece que empeza a imperar o senso común na aplicación das restricións, facer un par de apuntamentos.

👉🏼 A capacidade de xestión dun alcalde ou dun equipo de goberno queda patente en situacións como as que vivimos estos últimos días. Como é habitual nin o señor Seage nin ningún membro do seu equipo están nin se lle “espera”, pese ó feito de gozar os señores Seage e Cordo e a señora Villar das súas respectivas atribucións económicas; razón que debería incentivalos a traballar un pouquiño pola vila.

👉🏼Pero o realmente importante. Agora que temos de novo liberdade de movemento fagamos as cousas ben, respetando os protocolos e normas COVID. Sigamos mercando no COMERCIO LOCAL; temos de todo na nosa vila, apoiemos ós nosos veciños que están facendo un gran esforzo por sacar adiante os seus negocios. Consumamos nos nosos bares e restaurantes, a hostelería é a gran perxudicada de esta situación e na nosa man está que Pontecesures tire para adiante.

BNG de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.