PLAN CONCELLOS 2021 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O CONCELLO DE PONTECESURES
O Concello de Pontecesures ven de solicitar o Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra
O Plan Concellos consta de 3 Liñas:
Liña 1 (Inversións):
- Obras de conservación na cuberta do Pavillón Municipal por un importe 26.500,63€
- Acondicionamento e mellora en diversas Rúas e zonas de Pontecesures (inclúe os gasto da redacción do proxecto) por un importe de 92.518,75€.
- Formigonado dun traito da Rúa Barrio Paxareira
- Muro de contención en Rúa do Campo
- Fresado e reasfaltado dun treito da rúas Portarraxoi-San Lois
- Renovación da Sinalización Horizontal no núcleo urbán de Pontecesures
- Muro de contención na Rúa do rial
- Fresado e reasfaltado dun treito da Rúa Ullán
- Arrancado de Tocóns, poda e reparación de muro de contención en Camiño Verde
- Acondicionamento do entorno da Piscina Municipal
- Melloras en Aldea de abaixo
- Mellora Paixasística e de imaxe nun tramo do Camiño de santiago ao paso por Pontecesures por un importe de 30.093,91€
- Suministro para a equipación de vestiario do equipo de Vixilancia Municipal por un importe de 7.260€
- Subministro de equipamento de material deportivo (pista muelle e percheros campo fútbol) por un importe de 6.515,78€
- Subministro de equipamento de material deportivo (pista muelle e percheros campo fútbol) por un importe de 18.004,80€
- Adecuación e Reposición dos sistemas informáticos no Edificio da casa do concello, Regularización das Licencias de software e mellora da seguridade de rede e virtualización de máquinas por un importe de 18.148,79€
- Subministración de Mobiliario para as oficinas e dependencias municipais da Casa do Concello por un importe de 12.865,35€
- Aportación Municipal á obra Mellora no Parque Infantil Vicente Moure por un importe de 9.679,88€
- Aportación Municipal á obra Mellora do Camiño de acceso a Grobas por un importe de 6.815,41€
- Aportación Municipal á obra Acondicionamento e Mellora da ETAP de Pontecesures por un importe de 7.951,65
O importe total da Liña 1 ascende a 236.354,95€
Liña 2 (Gastos):
- Labores de Poda de Formación e de Mantemento en distintas zonas do núcleo urbano de Pontecesures por un importe de 14.925,40€
- Labores de Limpeza Viaria nas Rúas Portarraxoi, Travesía da Bandeira, San Lois, Ullán Rúa Nova, Sagasta e Victor García por un importe de 6.776€
- Contratación de asesoramento de xestión enerxética, revisión de facturación mensual, e uso/soporte do software de xestión enerxética para o período marzo 21 a decembro 21 por un importe de 2.904€
- Contratación de asesoramento para a implementación, desenvolvemento e aplicación da RPT aprobada por un importe de 11.011€
- Contratación de asistencia técnica por servizos profesionais para asistencia xurídico urbanística por un importe de 8.470€
- Contratación de Levantamentos topográficos por un importe de 4.343,90€
O importe total da Liña 2 ascende a 48.430,30€
Liña 3 (Contratación de persoal):
- 1 administrativo por un importe de 14.438,86€
- 1 Arquitecto Técnico por un importe de 5.838,48€
- 2 operarios de limpeza por un importe de 18.738,52€
- 4 peóns de obra por un importe de 44.973,19€
O importe total da Liña 3 ascende a 81.994,61€
Polo que o importe total da Subvención da Deputación de Pontevedra para o Concello de Pontecesures a través do Plan Concellos 2021 ascende a 366.779,86€
0 comentarios