Insólito: é a oposición a que informa da actuación a realizar na rúa Miguéns Parrado e na Plazuela.
Pasou xa un mes desde a aprobación deste proxecto e a solicitude dunha subvención para a súa execución, por valor de 330.101,87 €, dentro do programa REACPON da Deputación de Pontevedra. Ante a falta de comunicación á veciñanza sobre os detalles deste proxecto por parte do equipo de goberno, proporcionamos unhas imaxes do aspecto final que presentaría A Plazuela e a rúa Miguéns Parrado.Sin menoscabo do que supón de recuperación de espazo para os peóns e de calmado de tráfico, consideramos que se podería prescindir da última liña de árbores (a máis próxima ao baixo anteriormente ocupado polo Banco Pastor), para que a Plazuela poida seguir albergando eventos e actividades. Non nos parece unha boa xustificación dicir que hai outros lugares no Concello para desenvolver ditos actos.Por outra banda, presentouse un anexo coas novas directrices de tráfico, entre elas, que á rúa Miguéns Parrado só terán acceso os vehículos dos garaxes da mesma. Un documento incompleto, xa que nada di de como será o sentido de circulación do tráfico polo Camiño de San Xulián.
Socialistas de Pontecesures
Todo indica que imos ter debate sobre a oportunidade e operatividade de empredrar a parte da rúa San Lois que linda coa actual praza (seguirán circulando pola rúa principal todo tipo de vehículos) e pola plantación de árbores asunto que ten influencia na celebración ou non de actos ou eventos no futuro na propia Plazuela.
0 comentarios