MAÑÁ NOVO SORTEO DA CAMPAÑA «PONTECESURES É PRÓXIMO»
RECORDATORIO: Mañá venres dia 19 de Novembro terá lugar ás 13 h no Salon de Plenos na Casa do Concello o primeiro sorteo extraordinario da campaña “Pontecesures Próximo”. Unha vez rematados os 12 sorteos ordinarios e quedando desertos 5 de eles, procederase a extraer tantas papeletas como sorteos quedasen desertos ate atopar gañadores ou gañadoras, que terán ata o xoves da semana seguinte antes das 14.00 horas para presentar a súa papeleta gañadora nas oficinas do Concello.
A entrada será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas. Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue á Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.
0 comentarios