O BNG de Pontecesures amosouse moi activo no trámite das alegacións contra o polígono.

Publicado por Redacción o

Aínda abraiados pola situación vivida no Concello de Pontecesures nos días de anteonte e onte pero satisfeitas e satisfeitos polo traballo feito entre a plataforma de veciños afectados polo polígono e o BNG, tanto a nivel local como nacional a través do noso deputado Luis Bará.

Amteonte, 27 de Xullo, non se nos permiteu meter por Rexistro 50 (co fín de non colapsar a entrada ó mesmo) das 109 alegacións que recollemos. Tentamos falar coa secretaria para explicarlle que as alegacións cumplían todos os requisitos pero fixo caso omiso. Asemade, enterámonos que outros veciños tiveron que desprazarse ós concellos de Padrón e Valga para presentar as súas alegacións sen que lle puxesen impedimento ningún e sorprendidos os funcionarios de ditos concellos da actitude pouco colaborativa do concello de Pontecesures.

Onte, 28 de Xullo, volvemos ó concello solicitando a entrada por rexistro das alegacións do BNG e, cal é a nosa sorpresa, HOXE SÍ poden presentarse porque decidiron informarse despois de que presentásemos unha queixa formal ante este atropelo que só busca entorpecer e obstaculizar a presentación de alegacións.

Falta coñecemento e información no equipo de goberno pero,sobre todo, falta MOITA humildade e sobra prepotencia e soberbia e, coma sempre, quen o paga son os veciños.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.