O Bloque valgués convoca unha asemblea aberta para artellar unha lista na vila.

Publicado por Redacción o

O vindeiro sábado, ás sete da tarde, no edificio da Plazuela de Ponte Valga o BNG celebrará unha asemblea que estará aberta á participación de todos aquelas persoas que queiran asistir, e que sintan “que poden aportar ou que queiran formar parte da construción do proxecto do BNG para Valga”. Os nacionalistas consideran que o concello precisa un cambio de rumbo, “un cambio de raíz, un cambio de modelo de xestión”, e que por iso queren poñer en marcha “un proxecto transformador para Valga que mellore a calidade de vida, sexa realmente democrático, igualitario e antipatriarcal que poña en valor o patrimonio e a natureza,,,”. “No BNG de Valga, consideramos que hai bimbios suficientes para artellar unha candidatura que aborde con seriedade os retos do presente e do futuro de Valga” dí a formación nacionalista.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.