Forte reforzo do equipamento do GES Sar/Caldas con sede en Padrón que actúa en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

A Xunta reforzará o equipamento de emerxencias dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) coa entrega a 13 grupos neste ano de distintos vehículos (6 furgonetas 4×4 e 5 camións Bomba Rural Pesada) para mellorar a eficacia nas súas intervencións, así como catro equipos de excarceración e outro material diverso para a atención de emerxencias. No caso de dous deles (o grupo con sede en Curtis e o servizo municipal de Terras de Celanova) contarán cun novo vehículo e un equipo de excarceración.

O investimento neste equipamento ascende a máis de dous millóns de euros, no marco dos máis de vinte e catro millóns destinados pola Xunta de Galicia nos últimos anos ao reforzo do equipamento destes grupos e dos servizos de Protección Civil dos municipios, pese a tratarse dunha competencia local.

O GES de O Sar e Caldas (con sede en Padrón) recibirá cadansúa furgoneta de servizos varios 4×4 coas que acceder a todo tipo de zonas e cunha cisterna de 450 litros de auga. A Xunta investirá 655.759 euros en 6 vehículos deste tipo (109.203 euros en cada unha delas).

Aínda que non forman parte dos concellos da área compostelá, hai que indicar que ademais, do destinado a Padrón, cederanse outros vehículos na área de Ferrol aos GES de Ferrol-Eume e de Ortegal e Ferrol, con sedes en Mugardos e Ortigueira respectivamente, e ao de Friol-Palas de Rei na provincia de Lugo, mentres que na provincia ourensá recibirán cadansúa furgoneta os GES A Veiga-Viana e o que atende á zona Viana-Verín, con sede na Gudiña.

A Xunta tamén fará entrega neste 2023 de 5 camións tipo Bomba Rural Pesada (BRP) cun custo total de máis de 1,2 millóns de euros. Os destinatarios destes vehículos serán o GES que dá cobertura á zona de Bergantiños, con sede en Ponteceso, e o que atende á área de Betanzos-Terras de Melide-Ordes, con sede en Curtis. Estes vehículos contan con tracción integral 4×4 e cunha cisterna de auga cunha capacidade de 3.500 litros, para intervir na extinción dos lumes, contribuíndo así a reducir a afectación na zona. Ademais, permiten o acceso a todo tipo de lugares, desde terreos urbanos a estradas secundarias en áreas rurais e pistas forestais ou camiños.

Tamén se dotará ao GES Betanzos-Terras de Melide-Ordes dun equipo de excarceración.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Vicepresidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, indicou a este xornal que “as novas entregas de 6 furgonetas de servizos varios, 5 camións Bomba Rural Pesada (BRP) e 4 equipos de excarceración por máis de 2 millóns de euros amosan o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias dos concellos”.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.