O BNG e o PSOE de Pontecesures acusan de electoralismo ao alcalde.

Publicado por Redacción en


No BNG levamos anos denunciando o abandono e suciedade das rúas da nosa vila. O señor Seage leva anos pasando do tema, non vai con él.
Quixéramos pensar que as nosas denuncias nos plenos sobre o estado deplorable de Cesures foran tidas en conta pero non; máis ben a proximidade das eleccións municipais e ó medo a un resultado desfavorable para o PP do señor Seage fai recurrir ó alcalde a un clásico da precampaña: a limpeza vial.
Non sabemos se rir ou chorar cando él mesmo declara «hai que limpar a presión para arrancar restos de ANOS». Concretamente, dos anos que levan apalancados o señor Seage, a señora Villar e compañía, no concello sen dar pau á auga e sen molestarse por nada que non sexa sair na foto de turno, facendo o ridículo unha vez máis neste caso, posando mentres os operarios de limpeza fan a súa labor.
Non deben ter moito que facer o señor Seage e a señora Villar no concello para pasar a mañán sacando fotos e grabando vídeos coas mans nos bolsillos mentres outros traballan .

BNG Pontecesures

Parece que a inminencia das eleccións municipais fai recordar ao equipo de goberno as carencias máis importantes de Pontecesures. Por unha banda, decatouse fai unha semana que o saneamento é unha das eivas máis graves que sufre o noso pobo. Por outra, a limpeza viaria, obxecto de múltiples queixas pola veciñanza durante todo este mandato, véndesenos agora como algo extraordinario… en fin.P.D. .O do posado nas fotos vendo como outros traballan, non ten desperdicio.

PSOE de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.