O BNG leva ao Parlamento galego o caso das dietas do Concello de Valga.
O asunto debatirase este xoves en comisión
Oinforme do Consello de Contas relativo ao cobro de dietas no Concello de Valga segue a dar que falar. Nesta ocasión será a instancias do deputado do BNG Luís Bará, que este xoves preguntará en comisión do Parlamento galego sobre esta cuestión.
Sinalan desde o grupo nacionalista que «á análise da documentación achegada polo Concello de Valga pon de manifesto o incumprimento da normativa legal desde o ano 1991 e a percepción irregular de cantidades económicas» e falan de «actitude desafiante e de desacato» do rexedor de Valga ante o Consello de Contas. Pola súa banda, o alcalde de Valga defende a súa xestión e nega irregularidades.
La Voz de Galicia
0 comentarios