Nota de agradecemento de Maite Tocino para os que a apoiaron no que acusa ao goberno anterior de falla de respecto, soberbia e prepotencia.

Publicado por Redacción o

Despois dos resultados de onte, só podo dicir GRAZAS, conseguímolo co traballo de todas e todos
Grazas a Cecilia, Marga e Berto polo traballo que fixeron estos sete anos de travesía do deserto, tendo que enfrontarse a un xeito de facer política baleira, basada na falta de respeto ó adversario, a soberbia e a prepotencia.

Grazas ás veciñas e veciños que confiaron en nós, no noso proxecto e no noso equipo, permitíndonos pasar de dous a catro concelleiros e pasar a ser líderes da oposición con opción de goberno. Grazas tamén ós que non nos votaron, agardamos convercervos dentro de catro anos.

Grazas ó maravilloso EQUIPO do BNG de Pontecesures. Traballamos duro, con discrepancias pero XUNTOS, eso é o máis importante para chegar á meta, antes ou despois. Nos vindeiros catro anos, imos seguir consolidando e aumentando este grupo de mulleres e homes, que co seu traballo, rigor e honestidade, sacaron o proxecto do BNG adiante.

Grazas ás miñas compañeiras e compañeiros de traballo, polo apoio, suplir as miñas ausencias e polo ánimo; grazas a todos pero especialmente, Fátima, Beni, Toño e Eloy cos que formo unha pequena familia laboral.

Unha aperta para os compañeiros do PSOE, especialmente para Roque Araujo, con quen, coas lóxicas discrepancias ideolóxicas, sempre nos entendemos e mantemos un trato cordial, como debería ser en todos os aspectos da vida.

Grazas a todas as persoas que ó longo de estos anos tivéchedes verbas de ánimo, nos axudáchedes a correxir os nosos erros e apuntalar as nosas fortalezas. Grazas tamén ós que a través do insulto, as faltas de respeto e a falta de argumentos, pretenderon desanimarnos e minar a nosa moral, non o conseguíchedes.

E moitas,moitas grazas ás NOSAS FAMILIAS e amizades. Eles son os que sufren as nosas ausencias e nos dan o todo apoio incondicional, sempre. Grazas especialmente á miña nai e ós meus fillos Helena e Uxío.

Maite Tocino

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.