Os socialistas de Valga felicitan ao gañador das eleccións e xa teñen as miras postas en 2027.

Publicado por Redacción o

Os socialistas de Valga felicitamos ao gañador das eleccións. Asumiremos o liderazdo da oposición con humildade, rigor e co afán de seguir traballando, máis si cabe, nunha alternativa ó goberno popular.

Os resultados do partido socialista entraban dentro do esperable tendo en conta o número de candidaturas presentadas, aínda que non é menos certo que tras unha lexislatura e campaña electoral de intenso traballo e cun moi bo programa electoral, estamos sorprendidos. Queda por diante analizar polo miudo os resultados e especialmente chegar a entender ós votantes de Valga.

Cas miras postas no 2027, confiamos con total seguridade no bo facer dos dous concelleiros( María Ferreirós e Javier Carballo de Jesus) que nos representarán na corporación municipal, e que permitirán que os votantes socialistas sigan tendo voz na institución municipal.

Socialistas de Valga

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.