Axudas da Deputación de Pontevedra para os Servizos Sociais de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas liñas de axudas para o Servizos Sociais do Concello de Pontecesures. Así, ao abeiro do Plan de Confinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais 2023, o ente provincial concedeu unha axuda de 27.681 euros: 14.160 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e 13.521 euros para gastos de persoal.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures recibiu outros 9.300 euros ao abeiro das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2023: 6.000 euros para gasto corrente e 3.300 euros para investimento.

Concello de Pontecesures
 
 

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.