A alcaldesa de Pontecesures estivo nos actos de Apoio Pro Saúde Mental.

Publicado por Redacción o

A alcaldesa de #Pontecesures, María Teresa Tocino, asistiu á presentación de resultados do programa de Apoio Integral que Andaina Pro Saúde Mental está a desenvolver dende o centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Boiro. Trátase dunha interesante iniciativa que busca aumentar a autonomía das persoas con trastorno mental grave e aumentar a rede de apoio a estas persoas.

Dende o Concello de Pontecesures trasladamos o noso apoio e solidariedade coas persoas que participan nestes programas, as súas familias e todas aquelas entidades que, como APSM, colaboran á hora de facilitarlles o seu día a día.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.