Alumnos/as dos centros escolares. Os datos de Pontecesures, preocupantes.

Publicado por Redacción o

Cambados, 1931

Catoira, 334

O Grove, 1.178

A Illa., 496

Meaño, 559

Meis, 423

Pontecesures, 245

Ribadumia, 511

Valga, 689

Vilagarcía, 4.740

Vilanova, 1.334

Unha análise elemental nos leva a concluir que un número importante de nen@s que viven en Pontecesures, en idade de cursar dende educación infantil ata 4º da ESO, non están escolarizados no CPI Pontecesures senón en centros doutros concellos.

Posibles razóns: Transporte escolar gratuito con paradas en Pontecesures para centros situados noutros concellos e comedores escolares gratuitos neses centros.

Consecuencias: Que nun futuro próximo non se imparte a ESO en Pontecesures por teren poucos alumn@s e ao rematar a educación primaria haxa que cursar a educación secundaria noutros municipios. En lugar dun CPI contariamos só cun centro de educación infantil e primaria , CEIP.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.