A alcaldesa de Pontecesures visitou a Casa de Rosalía de Castro en Padrón.

Publicado por Redacción o

O xoves 19 de outubro, a alcaldesa Maite Tocino estivo de visita na Casa de Rosalía de Castro, en Padrón, e foi recibida polo presidente da Fundación, Anxo Angueira.

Neste encontro, falouse da Fundación, dos proxectos que están executando e de posibles colaboracións con este Concello.

Queremos amosar o noso agradecemento e destacar a importancia da figura de Rosalía de Castro, para a literatura, a lingua e a sociedade galega.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.