CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA XORNADA DO VENRES 15 DE DECEMBRO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Debido a unha avaría na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro de auga potable na xornada do VENRES 15 DE DECEMBRO DE 2023 na Rúa Infesta (Dende a Cruz de Infesta ata o Pino Manso), o  horario deste corte será dende ás 9.00 ata ás 12.30 da mañán aproximadamente. Tamén se verán afectados o CPI de Pontecesures, a Escola Infantil Municipal, o Albergue de peregrinos e o Centro de Saúde.

Por parte do Servizo Municipal de Obras, intentaráse solucionar esta deficiencia o antes posible.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.