Recollida de tapóns na Praza de Abastos de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

O Concello de Pontecesures informa que está dispoñible na Praza de Abastos un contedor para recollida de tapóns en colaboración coa Fundación Seur.

A Fundación Seur é unha Fundación sen ánimo de lucro. A súa misión é axudar aos colectivos desfavorecidos, con especial atención á infancia, a través da loxística solidaria, para que a axuda chegue a quen máis a necesita.

“Tapones para una nueva vida”, é un proxecto co que xa conseguiron axudar a 205 nenos e nenas mediante a reciclaxe de tapóns de plástico. Esta iniciativa permitiu achegar 1.402.052 euros para axudar a financiar tratamentos médicos e ortopédicos que non estean cubertos pola seguridade social, ou só parcialmente. Pero isto non é todo porque, grazas a este proxecto e á axuda de todos, xa se reciclaron 8.019 toneladas de tapóns de plástico, evitando a emisión de 10.044 toneladas de CO2, o principal gas causante do cambio climático.

Concello de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.