Gañadoras da «Ruta de Tapas».
Xa temos gañadores da Ruta de Tapas de Primavera! O evento, no que participaron nove establecementos hosteleiros de Pontecesures, revelouse un éxito, acadando unha gran participación. O balance positivo achegado polos bares e restaurantes participantes, afianza a aposta do Concello de Pontecesures por seguir apostando neste tipo de actuacións que fomentan a economía local e dinamizan a vida social da nosa vila.
Nesta edición, resultou gañador do certame a cafetería 𝐎 𝐑𝐞𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨, que participou coa tapa «𝐏𝐚𝐢𝐱ó𝐧 𝐀𝐮𝐭ó𝐜𝐭𝐨𝐧𝐚,» Hai que resaltar o nivel dos participantes desta edición, que plasmaron o seu bo facer tanto na elaboración como na presentación das tapas. Parabéns a todos. No sorteo realizado o pasado xoves 24 de abril, coa presenza de representantes do sector, sorteáronse tres vales agasallo para empregar no comercio e hostaleria local donados polos establecementos participantes, por valor de 𝟑𝟎,𝟓𝟎 𝐞 𝟏𝟎𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 Parabéns ós afortunados!.
Por outra banda, o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐚𝐩𝐨𝐫𝐭𝐨𝐮 𝐮𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐝𝐞 𝟏𝟓𝟎 𝐞𝐮𝐫𝐨𝐬 para gastar en Supermercados Froiz, colaborador habitual dos eventos que desenvolve a administración local.
Concello de Pontecesures
0 comentarios