Constitución en Pontecesures da asociación «Baixo Ulla Vivo».
Dende os concellos de Pontecesures, Catoira, Rianxo, Valga, Dodro, Rois e Padrón nace unha iniciativa social para a creación da Plataforma para a defensa do rïo Ulla tras o anuncio do proxecto da macrocelulosa Altri.
Para a formalización da asociación CONVÓCASE unha asemblea aberta o vindeiro XOVES 16 DE MAIO, as 20:00 horas no Centro Xuvenil de Pontecesures (a carón da Biblioteca Municipal).
A orde do día será a seguinte:
- Constitución da asociación «Baixo Ulla Vivo».
- Nomeamento de Voceiros.
- Accións para frear a implantación de Altri en Palas de Reis.
- Varios.
0 comentarios