Clausura das Escolas Deportivas Municipais de Pontecesures.

Publicado por Redacción o

Onte celebramos a clausura das Escolas Deportivas Municipais de Fútbol, nas que, ó longo deste curso, participaron coarenta rapazas e rapaces .

Todas e todos eles recibiron un diploma pola súa participación nas mesmas, e levan consigo a satisfacción do traballo ben feito, froito do esforzo e a constancia.Un emotivo acto no que se recoñeceu a traxectoria deportiva dos futbolistas cesureños Fran Vieites, xogador do Betis que acaba de asinar unha brillante tempada , e Noa García Mosquera, xogadora do Victoria FC e subcampioa de España coa Selección Galega Femenina SUB-17.

Mocidade de Pontecesures, que leva o nome da nosa vila alá onde van. Recoñeceuse, tamén, o gran traballo levado a cabo polo entrenador Marcos Jamardo, tras anos de adicación ós moitos rapaces e rapazas que pasaron polas escolas. Tanto o Concello de Pontecesures como Noa e Fran, agradeceron o traballo realizado durante os inicios da súa carreira deportiva, fundamental para o seu desenvolvemento deportivo. Unha xornada inesquecible na que se puxo en valor o traballo en equipo, o respecto ó rival e o deporte como alternativa de ocio activo e saudable para as nosas rapazas e rapaces.

CONCELLO DE PONTECESURES


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.