Martín Rey despedirá a súa etapa sub-23 nas filas do Club Ciclista Padronés Cortizo.

Publicado por Redacción en

O vilagarcián colgouse este ano o bronce no Campionato de España de Estrada da súa categoría

OClub Ciclista Padronés Cortizo anunciou onte a través dun comunicado de prensa a renovación do vilagarcián Martín Rey. Deste xeito, o arousán completará a súa etapa de formación disputando a súa derradeira temporada sub-23 no equipo no que se forxou e no que competiu a práctica totalidade da súa traxectoria deportiva.

Cualificado desde o CC Padronés Cortizo como «el mejor ciclista gallego de la categoría», Martín Rey encara o 2025 coa satisfacción pola súa renovación e confiando en estar, agora si, ante o trampolín que o impulse ao pelotón profesional: «Estoy muy contento por seguir un año más en casa. Será mi último año como sub-23, así que espero aportar mi experiencia, dar mi mejor nivel cada día e intentar dar el salto al profesionalismo. Aunque se me está resistiendo, considero que estoy preparado para afrontar el paso», di nas súas declaracións recollidas na nota de prensa do Cortizo.

Logo de conquistar a Volta a Galicia no 2023, converténdose no corredor máis novo en conseguilo, e tras gañar tamén a Volta ao Baixo Miño, Martín Rey volvía poñer a rolda galaica no seu punto de mira neste 2024. Sobre todo, despois de colgarse o bronce no Campionato de España de Estrada Sub-23 en xuño. Unha caída en agosto durante a súa preparación impediulle chegar no seu pico de forma á Volta a Galicia. Rey compensou o seu discreto papel nela gañando a etapa final e rematando terceiro da xeral da Vuelta a Salamanca, antes de disputar en Malasia o Tour de Langkawi, carreira profesional de oito días, nas filas do Burgos BH, equipo co que o Padronés ten un convenio de colaboración.

La Voz de Galicia

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.