Espectáculo teatral para toda a familia en Pontecesures dentro do circuito da Deputación.

Publicado por Redacción o

Este venres o circuito Máis Escénicas de Deputación de Pontevedra leva o teatro ao Concello de Pontecesures. Represéntase a obra “O cachimóbil” de Títeres Cachirulo, no Centro Social da vila, segundo informa a Deputación.

O cachimóbil é unha barraca que leva aos monicreques a calquera recuncho da man de personaxes como o Príncipe Verdemar, Don Gaiferos ou mesmo Xela, unha nena que terá que enfrontarse ao malvado Dragón Traga-Verbas para rescatar as palabras e frases esquecidas do galego.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.