O PP de Pontecesures critica a demora no anuncio dos actos do Día da Muller.

Publicado por Redacción o

O equipo de goberno cesureño publicou, con apenas 48 horas de antelación, o programa de actos para conmemorar o Día Internacional da Muller neste 2025, por certo con algún erro ortográfico incluído. Fiel ao seu xa coñecido modo de actuar, volve sorprendernos coa súa planificación para o vindeiro sábado 8 de marzo: absolutamente NADA. O executivo decidiu que o mellor momento para desenvolver actividades enmarcadas na igualdade, a diversidade e o empoderamento feminino é un mércores ás 9 da mañá, en lugar do propio 8 de marzo, cando unha maior parte da cidadanía podería participar e dar visibilidade a unha causa tan fundamental. Esta decisión non só limita a asistencia, senón que tamén resta impacto á loita contra unha problemática inadmisible nunha sociedade moderna. Socialistas e nacionalistas presumen de situar estas accións no eixo das súas políticas; unha vez máis, en Pontecesures vemos como din unha cousa e predican coa contraria.

POPULARES DE PONTECESURES


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.