O Pavillón de Baño, en Valga, mellora as súas prestacións cunha nova pista polideportiva de linóleo.

Publicado por Redacción en

Os traballos contan cun orzamento de 48.703’25 euros, financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, acompañada pola arquitecta municipal, achegouse esta mañá ao pavillón municipal de Baño para comprobar como se están a desenvolver as obras de acondicionamento da pista polideportiva.

Os traballos contan cun orzamento de 48.703’25 euros, financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial. As actuacións inclúen a preparación da superficie da pista a base de lixado e pasteado, a colocación do novo pavimento, e o trazado das liñas de xogo co pintura de poliuretano. Marcaranse campos para a realización de diferentes deportes coma o fútbol sala, balonmán, voleibol, tenis ou baloncesto. A empresa adxudicataria é Sport Equipalia.

O material elixido para a nova pista é o linóleo acústico, de 4 centímetros de espesor e con tratamento antiestático. Este material destaca pola súa resistencia e versatilidade, sendo un dos máis indicados para instalacións nas que se realizan unha gran varidade de actividades. Este é o caso do pavillón de Baño, unha infraestrutura municipal de 1.500 metros cadrados (repartidos entre a propia pista, os vestiarios e as gradas) na que se practícan fútbol sala, baloncesto, tenis, patinaxe, judo…, entre outras disciplinas. Ademais tamén complementa as instalacións do colexio Baño-Xanza, situado nas inmediacións.

O estado no que se atopaba a pista era de deterioro, debido principalmente ao uso e ao paso do tempo. Por iso, o goberno local proxectou a súa renovación, substituíndo o vello chan de formigón pintado por este novo pavimento de linóleo que garanta a boa realización de todas as actividades e seguridade dos usuarios, para así seguir avanzando no obxectivo de ofrecer instalacións de calidade e no fomento da práctica deportiva.

Diario de Santiago


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.