Os Penoucos organizan unha nova edición do ciclo de Cinema Social con catro proxeccións.

Publicado por Redacción en

A décima edición do ciclo de Cinema Social organizado polo colectivo valgués Os Penoucos, volve esta fin de semana a Ponte Valga. Nas instalacións da casa da cultura, desenvolverase a fin de semana do 22 e 23 de marzo un programa que inclúe a proxección de catro filmes, centrados no racismo e a discriminación racial.

A primeira película en golpear a conciencia do público que se achegue a Ponte Valga é Arde Missisipi, «un dos máis sorprendentes e dolorosos retratos do Ku Klux Klan xamais realizados». Proxectarase a partir das cinco e media da tarde. Ás oito tocarlle o turno ao filme francés El odio.

Ao día seguinte, as proxeccións comezan con This is England, que irá seguida por I am not your negro, un documental que «aporta unha visión xenuína sobre o racismo en Estados Unidos contada a través das vidas asasinatos – de Martin Luther King Jr., Medgar Evers e Malcolm X.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.