O Concello de Padrón debaterá en pleno retirar os recoñecementos a Franco.

Publicado por Redacción en

A medida inclúe a devolución da Medalla de Ouro e un rexeitamento ao réxime franquista.

O alcalde de Padrón, centro, xunto a Xosé Luis Amigo e Xosé García Lapido durante o primeiro Día da Memoria Democrática Padronesa
O alcalde de Padrón, centro, xunto a Xosé Luis Amigo e Xosé García Lapido durante o primeiro Día da Memoria Democrática Padronesa.

O Concello de Padrón debaterá na sesión ordinaria do 27 de marzo a proposta para a retirada de todas as honras e distincións concedidas ao ditador Francisco Franco.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, destacou que esta retirada forma parte dunha acción máis ampla de xustiza e repatación para as vítimas do franquismo. «Cincuenta anos despois do falecemento do ditador, en pleno ano Castelao, Padrón retira toda honra a Franco. Uns recoñecementos que nunca mereceu e que pesaban sobre a memoria das súas vítimas. Sen dúbida é un acto de xustiza e reparación necesario«, indicou.

O Concello de Padrón acordara no ano 1945 concederlle a Franco os títulos de Fillo AdoptivoAlcalde Honorario e a Medalla de Ouro da vila, coincidindo coa súa visita á localidade. Agora, en cumprimento da normativa vixente, estas distincións serán revogadas, e o goberno municipal solicitará formalmente a devolución da Medalla de Ouro aos herdeiros do ditador.

A proposta inclúe tamén unha condena expresa do franquismo e das súas prácticas antidemocráticas, que marcaron con represión e violencia a historia de España. O Concello comprométese, ademais, a retirar progresivamente os símbolos franquistas que aínda persisten no municipio.

Este paso coincidirá coa celebración, o vindeiro 14 de abril, do segundo Día da Memoria Democrática Padronesa, dando, como destacan dende o Concello, un paso importante na reparación e recoñecemento ás vítimas do franquismo.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.