José Pereira, un veciño de Baño, entra no club dos centenarios de Valga.

Publicado por Redacción en

É o único home nun club restrinxido de veciños máis lonxevos no que xa figuraban tres mulleres

José Pereira Comparada, veciño de Baño, cumpriu este xoves un século de vida. Como adoita facer nestes casos, o alcalde poupular de ValgaJosé María Bello Maneiro, acuidiu ao fogar deste home para felicitalo e facerlle un pequeno agasallo na súa condición de novo integrante do club das persoas que teñen un século de vida ás súas costas. É o único home centenario de Valga e a cuarta persoa de máis idade do municipio, despois de María Tarrío (102 anos), Benilde Castaño e Manuela Eiras (as dúas con 101). Coñéceas ás tres e sobre elas estivo falando co alcalde. «Ten unha memoria espectacular, acórdase de todo», comentaba unha das súas fillas, que indicaba que «falar da xente e das historias de antes reláxao moito».

José naceu na Canle, en Cordeiro, foi á escola en Ferreirós e empezou a traballar como albanel cando aínda non cumprira os 14 anos. «Foi sempre moi traballador e ía ben lonxe na súa bicicleta, que levaba chea de niveis, caldeiros…”, contan os seus achegados. O propio José lémbrase aínda de canto lle costou a bibicleta: «600 pesetas». Ao casar con Josefa Otero Pardal trasladouse a vivir en Baño, onde continúa. Tivo sempre unha saúde de ferro e con 82 anos José «operouse da cadeira e foi cando estreou a cartilla da Seguridade Social, antes nunca tivera nada».

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.