Pontecesures móbilízase o sábado contra os despedimentos en Nestlé
Concentración o sábado 16 de maio ás 12.00 horas en Pontecesures contra os despedimentos en Nestlé.
As traballadoras e traballadores da empresa, xunto co movemento cidadán, convocan unha manifestación para expresar o seu rexeitamento á decisión da multinacional de aplicar un ERE que afectaría a 27 persoas, o 14% do cadro de persoal.
Chámanse á participación das empresas da contorna e toda a cidadanía para presionar Nestlé e as institucións para deter os despedimentos.
Fonte: El Correo Gallego
0 comentarios