¿ Qué pasa con John Pino ?

O pasado mes de agosto, saltou a noticia de que John Pino volvía a vesti-la camiseta do C.B Pontecesures. Foi unha fichaxe sorpresa, e foi presentado por Fruki como o xogador que debía de conducir ó equipo senior de baloncesto ó ansiado ascenso. Foi tal o éxito mediático no pobo, que incluso o número de socios aumentou espectacularmente, máis se cabe despois de escoitar as declaracións de John Pino o día da súa presentación, nas que prometía 20 puntos por partido…

Dous meses despois a relidade e ben distinta. John Pino acusou na pretempada a súa inactividade e apenas dou encontrado o forma. Despois veu a súa feliz voda con Pili, novo parón de quince días e voltar a comezar. Pero o certo é que dende que voltou xa pasaron 20 días, e Pino, o xogador estrela presentado con fotos e firma de contrato por Sr. Rodriguez Fructuoso, segue sen aparecer e por suposto de vinte puntos, nada de nada.

Agora comeza a tempada de verdade para C.B Pontecesures. Logo de tres partidos (2 victorias e unha derrota) dun xogo lamentable, penoso e aburrido, cuns xogadores cansados e vido a menos, no que non se salva ningún, incluido o adestrador, o baloncesto cesureño necesita a xente como John Pino, un xogador gañador, un valor seguro. Por iso o équipo espera a volta, o retorno do auténtico Pino. Agora ben, esperamos que Pino se de conta que os partido se gañan falando menos e xogando máis, e por suposto metendo máis de un punto por partido.

¿Ou ó final vai a ver que respescar o retirado Nacho, que ese si que xogaba e non falaba?

El BNG tacha de «incompetente» al tripartito de Pontecesures

El BNG de Pontecesures no ha dejado pasar por alto las últimas críticas vertidas por Luis Sabariz en relación a la pérdida de una subvención para instalar un pantalán en el Ulla. El portavoz y ex alcalde, Luis Álvarez Angueira, señaló que esta subvención se perdió, como ocurrió con otras cuando Sabariz formaba parte del gobierno, por no tener consignación presupuestaria.

(máis…)

Xornada técnica de www.miguelpesca.com en Padrón

cartel.jpg

Sábado 17 de novembro de 2007

Auditorio de Padrón

Programa:

10:30 h.- Presentación
10:45 h.- ??A xestión da pesca?
Por Pepe Casal, Presidente do Club Tambre
11:00 h.- ??Ríos e vertidos?
Por Marcos Manteiga, Redactor El Correo Gallego e Tierras
Presenta: Luís Piñeiro, Surfcasting Masters
11:15 h.- ??A auga e os salmónidos?
Por Fernando Cobo, Doutor en Bioloxía da USC
Presenta: Miguel A. Lareo, www.masmar.com
11:30 h.- Café
12:00 h.- ??O Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia?
Por Francisco García-Bobadilla Prosper
Presenta: Paula Vilariño, El Progreso de Lugo
12:15 h.- ??Pescar non pescarei pero as deixo impresionadas?
Por Juan José Moralejo, escritor e pescador
Presenta: Antonio Hernández, El Correo Gallego
12:30 h.- Debate
14:00 h.- Xantar no Hotel-Restaurante Scala (Pazos)
16:30 h.- Mesa Redonda : ??As técnicas de pesca?
Julio Seijas (mosca seca)
Suso Cea (miñoca)
Manuel Gómez, (pez artificial)
Eduardo Fontela (culleriña)
Luís Reboredo (risco)
Modera: Xaquín L. Muíños, www.miguelpesca.com
A continuación.- Mesa Redonda : ??Presente e futuro da pesca?
Xosé Antonio Guerra, Secretario Asoc. Pescadores da Ulloa
Javier Saavedra, Presidente Agarinfax
Miguel Álvarez, Presidente do Club Salmo da Coruña
Pepe Casal, Presidente do Club Tambre
Modera: Alberto Torres, Deporte Campeón
Debate
Clausura

Petición: Imáxenes ou documentos sobra a Ponte

A comisión de festas da Ponte están a recabar todo tipo de información para facer un libro sobre as festas.

Desde esta estase a solicitar, a todos os que teñan fotos ou calquera outra arquivo ou documento relativo á Ponte llo faciliten, especialmente os temas das cucañas e o porto fluvial.

Eu xa mandei o que tiña por aquí, que non é moito: Unha postal (escaneada) do ano 1.908.

postal-imagen-mini.jpg

Si tes algunha imaxen ou documento, podes envialo á seguinte dirección: cocky_daponte@hotmail.com ou empregar, esta dirección, para concretar a forma de envio destos documentos.

Doble moral : Os trens de cercanías

Como tódolos sábados, á primeira hora, baixo a tomar un café e a ler a prensa local, hoxe en “El Correo de Andalucía” atopeime cunha doble páxina (20-21) na que fala da futura rede de cercanías que haberá na provincia de Sevilla, que pasará de tres rutas actuais a cinco.

Unha gran foto, cun pe de foto que di: “VISITA: La Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, en la cabina de un Cercanías”.

Mentres que en Galicia, Fomento, plantexa que parte da liña máis antiga de Galicia vai desaparecer, no sur estase a ampliar e estase a vender da seguinte forma:

El Ministerio de Fomento entiende que los trenes de Cercanías son un modo de transporte óptimo en las áreas metropolitanas al contribuir de forma activa al desarrollo en términos de sostenibilidad. Además en Sevilla hay infraestructuras para ello.

Nos temos infraestructuras tamén, pero non hai vontade, e moito menos acercamento, aqui parece que non vai vir a Ministra a facerse unha foto nun Cercanías.

Este proxecto de Fomento, para Sevilla, ten uns orzamentos de 129 millóns de Euros, 103 para infraestructuras e o resto para material rodante.

Segundo RENFE, destras tres liñas actuais con 25 estacións pasarán a ser 39 no 2009, ca ampliación. Como “Nada se crea nin se destrue, só se transforma”, irónicamente non se destruirán as nosas estacións, so se transformarán en novas liñas noutro lugar, onde entenden que fai más falla.